Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

Creemos unha asociación.

CREEMOS UNHA ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO EUCALIPTO GALEGO. Ante a ofensiva de políticos, funcionarios, pseudoecoloxistas e dos medios de comunicación en xeral. eu trato de formar unha asociación, quen queira que se anime. O primeiro obxetivo desa asociación sería tentar unha moratoria na aplicación da Lei Contra Incendios de Galicia, sobre todo no apartado dos eucaliptos e dos pinos. Esto é realmente importante, xa que na actualidade a Administración e a principal incumplidora, ademais evitaríase a saturación do mercado e as cortas  e as ventas se realizarían con mais calma. Animádevos, estamos defendendo o noso xeito de vida e os nosos terreos, os terreos que moitas veces nos deixaron os nosos maiores co seu esforzo e ilusión. Evitemos que sexan campo de xogos de políticos corruptos.