Ofensiva total contra os propietarios forestales.
Estou totalmente asombrado de como se nos está atacando dende a administración e a prensa para lograr asustar ós propietarios forestais para que se desfagan dos terreos ou polo menos que cedan a súa xestión.
Vou desgranar a cousa sistemáticamente, noutra entrada posterior prometo concretar mais.
Orixen:
Dende hai moito tempo se ven insistindo na prensa que os montes están mal xestionados, que hai minifundio, etc, etc. asimismo se indica que as empresas deberían poder entrar no monte e xestionalo como queren, que seguro que o fan millor que nosoutros.
Xeito de facelo.
Pois moi sinxelo, calqueira blog, o calqueira nova de internet que fale mal do eucalipto ten repercusión nacional, vemos por exemplo o informe WWF que nos ataca: recolleno todos os xornais, o informe de Greenpeace que matiza o impacto: non o recolle ninguén.
Outro exemplo: agresión ó patrimonio , basta decir que foi a "industria do eucalipto" sale por todas partes, como si non se empregara maquinaria para plantar frondosas. Mais por riba non se fala de veciño, nin de veciños, fálase de "industria del eucalipto", non é casual, trátase de deshumanizar o acto para evitar simpatía pola persoa (quen o redacta sabe o que fai).
Eu mismo, que trato de responder a toda e cada unha das acusacións que se fan contra nosoutros nos xornais, agora comezan a non publicarmas (cousa que debe estar pasando con mais xente), moitos blogs adicanse a acoller a xente que nos insulta, pero cando tratamos de defendernos nos silencian.
E que dicir da ley de prevención de incendios, onde sempre se adoptan tonos triunfalistas, ridiculizando os propietarios forestais, facendo eco das amenazas da Administración e cantando o seu cumprimento, sin embargo, basta ir por calqueira estrada para ver o nulo cumprimento especialmente por parte da Administración.
Conclusión:
E o momento de unirse e loitar polos nosos terreos, o monte debe ser dos propietarios e non dos funcionarios.
Comentarios
Publicar un comentario