Hola a todos/as, un saúdo.

Miña idea e intentar comunicarnos, establecer algo que nos una nestos momentos, donde somos atacados desde todas partes, comparasenos coa droga, dise que somos ilegais, amenázasenos, e todo por defender o mundo que heredamos dos nosos pais, de producir madeira nunhos terreos co noso esforzo, entusiasmo e dedicación, malia que vendo o que vemos, non sei si estaríamos millor sacando oposicións coma todo o mundo😁.

Para subirnos a moral, somos fantásticos, alimentamos unha industria que é o puntal de Galicia; contaminamos menos que os asteleiros, e menos que a gandeiría. Non recibimos subvencións nin as precisamos, tan so precisamos unha cousa QUE NOS DEIXEN TRABALLAR EN PAZ.

A foto é a que se veu na voz de Galicia, un forestal en Bergondo e outro individuo que ten algo na man posan xunto un cartel con cara de suficiencia, como si fixeran un logro impoñente ou algo importante, acaban de cravar un cartel a unha arbre, cando no campo galego é algo que non se debe facer, é un acto de desprecio. Pois ben, debemos traballar todos para cortarlles o paso, para impedir que se acerque a nosoutros, él trata de cortarnos o paso, si nos unimos cortaremosllo a él.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Creemos unha asociación.